A Travesía a Nado Illa de Rúa é unha proba solidaria que une deporte, mar e compromiso social en Ribeira. Cada brazada suma contra o cancro.
Illa de Rúa é deporte e mar, pero sobre todo é unha iniciativa solidaria. Cada persoa que se inscribe, nada, acompaña ou colabora axuda a dar visibilidade e forza á loita contra o cancro en Ribeira.
A primeira Illa de Rúa celebrouse en 2017, nacida da unión entre a Asociación Española Contra o Cancro de Ribeira, o Club Natación Ribeira e o Club Náutico. Desde aquela, a travesía foi medrando sen perder a idea coa que naceu: cruzar o mar para sumar contra o cancro.